Esta semana asistin á clase de informática que teñen os nenos de catro anos do Colexio San Jorge.Quedeime abraiada do moito que se sabían manexar co ordenador.
Esta clase conta con aproximadamente 15 ordenadores con windows 98 e outros dous con windows XP que n on utilizan os alumnos porque sóeselle facer máis complicado.Os nenos soen poñerse de dous en dous en cada ordenador,xa que como sucede na clase de 4,son 24 nenos.
Nesta clase de informática trabállase a psicomotricidade con actividades que lle axudan ó desenrolo da coordinación co fin de que sexan capaces de manexar o ratón e movelo para o lado adecuado.
Para levar a cabo isto,traballan con recursos interactivos como Trampolin,Pipo,Edebits de sm e con tecnoloxias da información e da comunicación e tamén con algún xogo interactivo como "Las tres mellizas", "El Rey León".
Na clase de esta semana,os nenos encenderon eles sós o ordenador,a mestra deulles uns cds para que os puxeran e eles sós déronlle o botón para que se abrise o cd-rom.Nese cd fixeron duas actividades.A primeira consistia en que a esquerda da pantalla aparecía un número,que podia ser o 1,o 2 e o 3 e a dereita da pantalla mostrábanse unha serie de imaxes con varios obxectos cada unha e eles tiñan que pinchar naquelas imaxes que tiñan o número de obxectos según o número que aparecese a esquerda da pamtalla,esta actividade a tiveron que facer duas veces e a segunda actividade o que tiñan que facer era,amosábase unaha casa aberta cun salón,cunha cociña,cun baño e cunha habitación. Á esquerda da pantalla a parecían un serie de obxecros que eles tiñan que pinchar enriba deles e movelos cara o lugar adecuado.Esta actividade tamén a tiveron que repetir dúas veces. Cando remataron iso, déronlle ó botón de abrir o CD-ROM e a mestra recolleu os cds e eles memos apagaron o ordenador.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario