
Bueno chegou a despedida do ano e con el o remate deste blog.
Decirvos que a miña experiencia nas prácticas foi o mellor, creo que poder disfrutar da compañía dos nenos é algo tan fantástico que non se pode explicar con palabras.Tamén dicir que as prácticas, referíndome ás NN.TT.,servíronme de moito;quedeime abraiada do moito que sabían os nenos de 4 anos,xa que foi a clase que me tocou a min, manexar o ordenador,eu a esa idade creo que nin sabía o que era iso.
Creo que esta experiencia coas NN.TT. axudoume moito para aprender moitas máis cousas sobre estes aparellos e ademais a mestra Gloria e o material que empregou,son unha guía para poder aplicar eu nun futuro na miña aula de Educación Infantil.
Creo que todo o mundo deberiamos saber moito máis sobre estos aparellos e sobre todo os que nos vamos a dedicar ó mundo da docencia, xa que as NN.TT. son moi importantes para a ensinanza, xa que ademais de usar os métodos tradicionais, coas NN.TT. os nenos poden aprender moitas cousas e a desenrolar moitas das súas capacidades.
Moitas grazas por facilitarnos esta opurtinidade de poder comentar as nosas experiencias coas NN.TT. nos distintos centros que estivemos e acercarnos máis a este tema, que persoalmente moita das cousas que alí se empregaron, non as coñecía e darnos a oportunidade de saber o que se está facendo coas NN.TT. nos centros dos outros compañeiros.
Aquí deixo a páxina do colexio no que estiven para que podades ver un pouco como era www.colexiosanjorge.com.
Espero que os meus comentarios vos serviran para saber o que se traballaba neste centro "Colegio San jorge" coas NN.TT.
Moitas grazas.
Un saúdo



