miércoles, 31 de diciembre de 2008

Chegou a despedida...



Bueno chegou a despedida do ano e con el o remate deste blog.
Decirvos que a miña experiencia nas prácticas foi o mellor, creo que poder disfrutar da compañía dos nenos é algo tan fantástico que non se pode explicar con palabras.Tamén dicir que as prácticas, referíndome ás NN.TT.,servíronme de moito;quedeime abraiada do moito que sabían os nenos de 4 anos,xa que foi a clase que me tocou a min, manexar o ordenador,eu a esa idade creo que nin sabía o que era iso.
Creo que esta experiencia coas NN.TT. axudoume moito para aprender moitas máis cousas sobre estes aparellos e ademais a mestra Gloria e o material que empregou,son unha guía para poder aplicar eu nun futuro na miña aula de Educación Infantil.
Creo que todo o mundo deberiamos saber moito máis sobre estos aparellos e sobre todo os que nos vamos a dedicar ó mundo da docencia, xa que as NN.TT. son moi importantes para a ensinanza, xa que ademais de usar os métodos tradicionais, coas NN.TT. os nenos poden aprender moitas cousas e a desenrolar moitas das súas capacidades.

Moitas grazas por facilitarnos esta opurtinidade de poder comentar as nosas experiencias coas NN.TT. nos distintos centros que estivemos e acercarnos máis a este tema, que persoalmente moita das cousas que alí se empregaron, non as coñecía e darnos a oportunidade de saber o que se está facendo coas NN.TT. nos centros dos outros compañeiros.

Aquí deixo a páxina do colexio no que estiven para que podades ver un pouco como era www.colexiosanjorge.com.

Espero que os meus comentarios vos serviran para saber o que se traballaba neste centro "Colegio San jorge" coas NN.TT.

Moitas grazas.

Un saúdo

xogos interactivos 2



Non hai dúbida de que aos nenos de 4 anos entusiasmanlle os xogos interactivos e a mestra Gloria aproveitando que é o último día de clase antes das vacacións,decide que os nenos xoguen cos xogos interactivos,xa que lles axudan a desenrolar a súa propia capacidade intelectual.
O xogo é "Aprender con Pipo". Os nenos de 4 anos abren eles sós o CD-ROM e a mestra Gloria introduce o cd para que eles podan xogar con el. O xogo consiste en que aprecen unha serie de imaxes e teñen que pinchar enriba dunha delas. Pinchan nela e aparece na pantalla a imaxe na que acaban de entrar pero sen cor ningunha; eles teñen que pintala dándolle co ratón ás cores que aparecen na parte baixa da pantalla. Esto encántalles aos nenos; hai algún que pinta todo dunha mesma cor pero hai outros que utilizan varias. Con este xogo o que pretende a mestra é que desenrolen a súa coordinación.

Os nenos véselles que están disfrutando con estes xogos e incluso chámanme a min para que lles vexa o que están facendo.

Acaban de pintalo, abren o CD-ROM, Gloria recolle os cds e apagan o ordenador.
Aquí remata o primeiro trimestre da clase de informática dos nenos de 4 anos

lunes, 22 de diciembre de 2008

xogos interactivos



Esta vez tocoulles aos nenos de 4 anos practicar cos xogos interactivos;era o de "As tres mellizas". Os nenos entran no xogo, teñen que pulsar na melliza que vai de laranza co rato e xa están dentro do xogo interactivo. Están nel, aprece na pantalla unha imaxe da casa das tres melliza e eles teñen que intentar unha serie de persoaxes que lles aprecen abaixo,na pantalla. Están distribuidos por toda a casa, polo faido, pola cociña, polo salón, pola habitación das nenas, polo xardín, só se lles ve algunha parte do seu corpo para que así aos nenos lle sea moito máis fácil de atopar. Pinchan riva del e xa lles aparece a persoaxe completa e a medida que os van atopando vanse borrando os persoaxes en pequeno que aparecían abaixo, na pantalla. Isto realízanno duás veces. O fan case todos os nenos ben sen case ningunha axuda e algúns deles incluso están sós nos ordenadores, sen ningún compañeiro seu.
Este xogo interactivo entusiámalles, xa que ademais de ser un xogo de debuxos que eles ven, lles axuda a desenrolar a súa capaciade de observación e así atopar de forma cada vez máis rápida os personaxes.

domingo, 14 de diciembre de 2008

clase de informatica




Esta semana asistin á segunda clase de informática que teñen os nenos de 4 anos.Nesta clase os nenos volveon encender eles sós o ordenador, pero esta vez traballaron cun xogo interactivo de "El rey León"; neste xogo o que tiñan que facer era que na pantalla aprecia unha serie de pezas todas elas mesturadas, e eles meiante a axuda do ratón tiñan que ir quitando as pezas do puzzle cara a dereita e poñelas no seu lugar correcto.Esta actividade resulta moi boa para os nenos,xa qu ademais de axudar a fomentar a súa psicomotricidade,tamén lles axuda a desenrolar a súa intelixencia.
Logo de rematar esta actividade apagaron eles sós os ordenadores e colocáronse na alfombra que hai na clase;a mestra Gloria acendeu a pizarra dixital que hai na clase,explicoume un pouco como funcinaba e meteuse na páxina de colexio de san jorge e comezou a ensinarlle fotos dos nenos que hai no colexio das distintas festas que realizaron,como o magosto,a saída a ver o concerto,etc. Todos os nenos foron capaces de recoñecer aos seus compañeiros e unha das nenas saiu e foi capaz de recoñecer ó neno que estaba describindo a mestra Gloria,xa que na clase están dando as descricións.

clase de informatica