

Esta semana asistin á segunda clase de informática que teñen os nenos de 4 anos.Nesta clase os nenos volveon encender eles sós o ordenador, pero esta vez traballaron cun xogo interactivo de "El rey León"; neste xogo o que tiñan que facer era que na pantalla aprecia unha serie de pezas todas elas mesturadas, e eles meiante a axuda do ratón tiñan que ir quitando as pezas do puzzle cara a dereita e poñelas no seu lugar correcto.Esta actividade resulta moi boa para os nenos,xa qu ademais de axudar a fomentar a súa psicomotricidade,tamén lles axuda a desenrolar a súa intelixencia.
Logo de rematar esta actividade apagaron eles sós os ordenadores e colocáronse na alfombra que hai na clase;a mestra Gloria acendeu a pizarra dixital que hai na clase,explicoume un pouco como funcinaba e meteuse na páxina de colexio de san jorge e comezou a ensinarlle fotos dos nenos que hai no colexio das distintas festas que realizaron,como o magosto,a saída a ver o concerto,etc. Todos os nenos foron capaces de recoñecer aos seus compañeiros e unha das nenas saiu e foi capaz de recoñecer ó neno que estaba describindo a mestra Gloria,xa que na clase están dando as descricións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario