Non hai dúbida de que aos nenos de 4 anos entusiasmanlle os xogos interactivos e a mestra Gloria aproveitando que é o último día de clase antes das vacacións,decide que os nenos xoguen cos xogos interactivos,xa que lles axudan a desenrolar a súa propia capacidade intelectual.
O xogo é "Aprender con Pipo". Os nenos de 4 anos abren eles sós o CD-ROM e a mestra Gloria introduce o cd para que eles podan xogar con el. O xogo consiste en que aprecen unha serie de imaxes e teñen que pinchar enriba dunha delas. Pinchan nela e aparece na pantalla a imaxe na que acaban de entrar pero sen cor ningunha; eles teñen que pintala dándolle co ratón ás cores que aparecen na parte baixa da pantalla. Esto encántalles aos nenos; hai algún que pinta todo dunha mesma cor pero hai outros que utilizan varias. Con este xogo o que pretende a mestra é que desenrolen a súa coordinación.
Os nenos véselles que están disfrutando con estes xogos e incluso chámanme a min para que lles vexa o que están facendo.
Acaban de pintalo, abren o CD-ROM, Gloria recolle os cds e apagan o ordenador.
Aquí remata o primeiro trimestre da clase de informática dos nenos de 4 anos
No hay comentarios:
Publicar un comentario